Menu Xerais

Eva Mejuto estará mañá sábado no Comando Le de Espazo Lectura en Gondomar con «22 segundos»

Un encontro coa escritora de Eva Mejuto, en torno ao seu libro 22 segundoscentra a sesión de mañá sábado 16 de decembro do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

 

 

Eva Mejuto visita o Comando Le para falar de «22 segundos»

O sábado 16 de decembro, Eva Mejuto vai estar na Casa da Lectura para falar cos comandoleiros e comandoleiras sobre a súa novela 22 segundos, publicada por Edicións Xerais. Como é habitual, a sesión desenvolverase entre as 20:00h e as 00:00h e haberá unha pausa para a cea, polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir. Con esta proposta péchanse as actividades do ano 2017 do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura dirixido a mozos e mozas de máis de 12 anos. As sesións retomaranse o último sábado de xaneiro de 2018.
Na seguinte ligazón pódense ver as imaxes da sesión de novembro na que falamos sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, e vimos e comentamos o documental Town of runnershttps://flic.kr/s/aHsm8V2yvr

Deixa un comentario!