Menu Xerais

Faleceu o escritor Emilio Alonso

O cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do escritor Emilio Alonso. Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe… Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década. Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión.  Publicou tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009) coa que gañou o VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

Comentarios pechados