Menu Xerais

Faleceu Xosé Luís Laredo Verdejo, autor das guías «Galicia enteira»

O sacerdote Xosé Luís Laredo Verdejo, escritor coñecido sobre todo polas súas guías de viaxes, faleceu este pasado 31 de agosto en Salamanca.

Grazas ás existosas e coñecidísimas guías Galicia Enteira, coas que cubriu a totalidade de Galicia en diversos itinerarios ao longo de 12 volumes, Laredo Verdejo converteuse durante moitos anos nunha referencia para as persoas que quixesen viaxar e coñecer este país. As serie de guías Galicia Enteira foron reeditadas constantemente e convertéronse, durante moitos anos, nos libros máis vendidos en lingua galega.

Xosé Luís Laredo Verdejo, nacera na Coruña o 1 de xaneiro de 1931,estudou Filosofía e Teoloxía, Humanidades e Pedagoxía na Universidade de Comillas e exerceu como profesor de Lingua e Literatura Galega, tanto en Vigo como na Coruña.

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo seu falecemento.

 

Comentarios pechados