Menu Xerais

Falemos de lectura propón unha lectura fragmentada de «Ninguén», de Fran Alonso

O blog Falemos de lectura propón Ninguén, de Fran Alonso, para o club de lectura virtual a través dunha lectura fragmentada que comeza coas primeiras 60 páxinas.

Empezando con «Ninguén»

Para que todas e todos teñades tempo para ler o libro sen apuros, deleitándose na lectura e sen agobios, propoñémosvos un novo xeito de achegarnos a este espazo virtual común de compartirmos lecturas: imos dividir o libro de xeito que cada semana chegaremos ata un número determinado de páxinas. Se alguén quere ler máis, por suposto, pode facelo, baixo a condición de non comentalo para non estragar a lectura dos outros. A proposta é moi accesible e estamos seguros de que ninguén vai asegurar que non tivo tempo para ler. Que vos parece?

Emprazámosvos para este sábado día 7 de xaneiro: este día comezaremos a falar das primeiras 60 páxinas do libro, ata o capítulo chamado “Comunidade literaria”. Por suposto, insistimos, se alguén quere seguir coa lectura que o faga, pero os comentarios cinguiranse a estas páxinas.

De todos os xeitos, estamos abertos ás vosas suxestións. Se credes que este xeito de levar o club de lectura non é o apropiado podemos cambialo inmediatamente. Vós sodes @s que mandades.

Se alguén precisa “facer boca” deixámosvos unhas cantas ligazóns de críticas sobre o libro:

En Novenoites.

En Criticalia.

En Galicia confidencial.

En Caderno da crítica.

En Trafegando ronseis.

Por suposto, no blogue da editorial Xerais hai asemade diferentes entrevistas e outras opinións verquidas arredor do noso libro de lectura. Alí podedes atopar toda a información.

Deixa un comentario!