Menu Xerais

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz: a novela dun cinéfilo. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de  Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz., nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

 

Libro de transparencias

A nova entrega literaria de Agustñin Ferández Paz

 Obrigado a ler moitas veces (a crítica literaria é o que ten) cousas que non me apetecen nadiña, e nas que entro con tan pouca paixón como na augas dun río castelán en xaneiro, poño pedra branca o día en que veñen á miña mesa de traballo certos autores.

Deses que, seino ben, vanme garantir unhas horas xeitosas. Indepentemente de que o acabado das súas obras non sempre sexa perfecto, ou que polo medio delas rulen (ou rolen) grallas ou defectos (de estilo, de concepto, ide óptica!) que non terminen de convencemos.

Ora, eses autores aseguran concretos valores, un deles o da confortabilidade, moi aparentes¯ 0 que non son, segundo avanza “Fantasmas de luz” (Edicións Xerais, Vigo, 2011), os protagonistas da última novela de Agustín Fernández Paz, un dos autores que me prestan xa “de entrada”, e –a que logo­– por quen teño un evidente “fraquinho”. Por el e por Miguelanxo Prado, autor do marabilloso filme “De profundis”, co que compartín asfia estrea lisboeta, comprobando a extrema popularidade do Prado en Portugal, un país moi amante da banda deseriada.

E o conto é que Miguelanxo Prado é o ilustrador deste volumen, en tapa dura e demais, tan belamente maquetado e completo (como que insire ao remate as carátulas das películas da novela). Porque, dígase xa, esta é a novela escrita por un cinéfilo (como  antos rapaces da súa quinta, eu un deles, lástima fora) que aproveita a súa paixón para facer que a protagonice outro da nosa corda. Un tal Damián, proxeccionista nun cinema a piques de pechar pola voracidade especuladora da sociedade que nos arrodea. Capaz de criar soños, así os cinematográticos, para logo esnaquizalos.

E xa postos acontece que o bo de Damíán, xa no paro, compañeiro na folganza obrigada da súa dona, prexubilada, e esta deveñen tan pantasmais e transparentes como a caterva de seres da súa mesmac ondición que erran polas cidades de hoxe, els a fábula moderna, e aínda posmodernae scrita por Fernández Paz a propósito da nula “visibilidade” dos mora dores do tempo actual. Por suposto que a película de dames Whale, “0 homein visible”, e a novela homónimad, e Wells, están no relato de Agustín Fernández Paz, tan levián e claro como a historia mínima que decora. Na que percibín un fallo de memoria de Damián, cando sitúa a sfia chegada ao cine o 22 de outubro de 1973, cadrando cosa estrea no local de “0 exorcista”. Ah, mais esta película, por problemas de censura tardou en chegar a España.

Eu fun espectador dela pouco despois da súa estrea en Madrid. Días de setembro do 75. Concretamente o 27. E eu unía á sensación de arrepío que me causaba o filme unha magoa chea de carraxe porque ese día caeran foradadas polas balas, en Burgos Barcelona e Hoyo de Manzanares, as derradeiras vítimas mortais do franquismo. E iso si que non era cinema. Non.

Vicente Araguas

Deixa un comentario!