Menu Xerais

Fermosa historia: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

 

Fermosa historia

Pola lingua e pola terra

Edicións Xerais vén de publicar esta historia da man de Lalo Carnota e Xurxo Souto: unha narración, un relato como un enigma que reivindica a riqueza léxica do litoral galego, ao tempo que defende a Terra e mais as condicións idóneas para a súa conservación,que se presenta acompañado das ilustracións de Sesé Barreiro,as fotografías de Xulio Rey e ademais un CD con seis temas que lle poñen a banda sonora a cada unha das secuencias en que se estrutura o relato.

Antón, que ben podería ser calquera rapaz galego, na súa aldea coñece unha nova inquedante:a terra queima. A primeira hipótese é o cambio climático pero a realidade di moito máis. O problema está en que o Conde Cachuzas, lanterneiro do mundo, está en paradoiro descoñecido e para atopalo cómpre descifrar un enigma que ten forma de poema.

Unha fermosa historia que amosa moitas das teimas literarias e musicais de Xurxo Souto. O seu entusiasmo por Galicia, polo ser galego e por todo o que isto implica. O interese polos nomes, as ganas de promover o seu estudo, e o enaltecemento de ambientes que pouco a pouco van esmorecendo, as aldeas. En esencia, unha historia que vai moito máis alá dun misterio, todo un universo de fondo que representa o auténtico respecto pola lingua e pola terra.

Paula Fernández

Deixa un comentario!