Menu Xerais

Finalistas de Xerais nos Premios da Edición 2012

Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios da Edición, que se entregarán o vindeiro 15 de marzo en Vigo durante a VIII Noite da Edición. As candidaturas foron presentadas polos membros asociados da AGE, ata un máximo de tres por categoría, tralo que pasaron unha primeira fase de votación realizada polos socios, na que deberon votar a un máximo de dúas obras por categoría agás as obras editadas por eles. As obras finalistas están xa na fase do Xurado, composto por cinco profesionais do ámbito do libro e os medios.

O listado completo de finalistas pode consultarse na páxina da Asociación Galega de Editores. Os libros de Xerais que resultaron finalistas son os seguintes:

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2012
As voces baixas, de Manuel Rivas, editado por Xerais.

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2012
Ruído de fondo, de Daniel Salgado, editado por Xerais.
O silencio, de Mario Regueira, editado por Xerais.

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN NO ANO 2012
Como falar e escribir en galego correctamente e con fluidez, de Carlos Callón, editado por Xerais.
O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz.

 

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012.
Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seijas, editado por Xerais.

 

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012
O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, editado por Xerais.
A punta de pistola, de Fran Alonso, editado por Xerais.
Cartas de inverno, de Antonio Seijas, editado por Xerais.

 

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2012
Fina Casalderrey
Marcos Calveiro.

Comentarios pechados