Menu Xerais

Finalistas dos Premios Xerais 2018

Os tres xurados dos Premios Xerais 2018 declararon as obras finalistas:

  • O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 37 obras, formado por Santiago Lopo (escritor, gañador da edición anterior), David González Domínguez (editor do blog “Palabra de Gatsby”), Vitoria Ogando Valcárcel (catedrática xubilada), Claudia Morán (xornalista), Patricia Porto (libreira da libraría Lila de Lilith de Santiago) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás que actúa como secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas “Anxos Roubados”, “Canicha”, “Cecimbre” e “Ego sum”.
  • O xurado da X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 22 obras, formado por Isabel Armesto Rodríguez (comercial-promotora de libros), Diana Fernández Gómez (editora do blog “Bolboretas no bandullo”), Mª Paz Fernández Pereiro (profesora, asesoría Bibliotecas Escolares), Alba González Fernández (estudante de Ciencias da Educación da UVigo), María Manuela Ordóñez Fernández (estudante de Ciencias da Educación da UVigo)  e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo e crítica  Isabel Mociño González, que actúa como secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas “Avatar <04”, “Tres catorce dezaseis” e “Un laio de harmónica”.
  • O xurado da XXXIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e ao que concorren 33 obras, formado por Uxía Martínez Recamán (comercial-promotora de libros), Alba Piñeiro Estévez (profesora e crítica), María Sánchez Lires  (ilustradora), Maribel Tato Sánchez (libreira da libraría Cartabón de Vigo), Antonio Yáñez Casal (escritor) e o crítico e escritor  Miguel Vázquez Freire  que actúa como secretario, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas “Cariandre”, “Kusuma” e “Tabardilla”.

As obras gañadoras daranse a coñecer o próximo sábado, 2 de xuño.

A nova foi recollida nos seguintes xornais:

 

Comentarios pechados