Menu Xerais

«Guía ilustrada da Galicia invisible», o mapa dun país de lenda

Os xornais El Progreso e La Voz de Galicia recolleron a nova do acto de presención da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, que tivo lugar este martes na Galería Sargadelos de Lugo nunha sala ateigada de xente.

No acto interviñeron o propio autor, Antonio Reigosa, a ilustradora Noemí López e o editor Manuel Bragado. O autor relatou que, dentro da rica toponimia galega, existiron en Galicia cidades como Babilonia (Concello de Oleiros), Gomorra (afundida na ría de Corcubión) ou Galilea (asolagada en Carballo). Son lugares que perviven na tradición oral, ligados a supostos asulagamentos. O libro afonda na obra de Reigosa, que crea literatura a partir das lendas da tradición oral e dos seres mitolóxicos. Pódese completar a información en El Progreso, nunha información asinada por María L. Viñas, ou La Voz de Galicia.


Comentarios pechados