Menu Xerais

Henrique Costas: «Interesa que a fala se ame, se difunda e se valore». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xosé Henrique Costas sobre o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura).  A entrevista pode escoitarse neste enlace.

 

 

Henrique Costas: “Interesa que a fala se ame, se difunda e se valore”

“Interesa que as falas do Val do Ellas se amen, se valoren e se difundan no resto de Estremadura, de España e de Europa” manifestou o profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas no acto de presentación do seu libro “O Valego”. Suliñou que aprendeu moito “da lingua e da vida dos falantes de valverdeiro, lagarteiro e mañego, aprendendo do seu orgullo de falantes e marabillandonos da beleza comestible da súa fala”.

O escritor defendeu unha lexislación lingüística “que garanta os dereitos destes estremeños, polo dereito a transmitiren con dignidade a fala que herdaron dos seus maiores e mantiveron durante séculos na casa, na rúa, na escola e na vida normal”.

 

 


Deixa un comentario!