Menu Xerais

“Herba moura” en italiano e holandés

Hoxe recibimos as edicións italiana e holandesa da novela Herba moura de Teresa Moure.

A edición italiana Le tre donne di Cartesio , cunha tirada de 14.000 exemplares e encadernación en tapa dura, foi preparada pola editorial Corbaccio do Gruppo Editoriale Mauri Spagnol.

A holandesa Nachtschade, cunha tirada de 3.000, tamén en tapa dura, apareceu na editorial Signatuur.

Estas edicións engádense ás xa publicadas en castelán, catalán e portugués da novela de Teresa Moure, que obtivera en 2005 o Premio Xerais de Novela.

Comentarios pechados