Menu Xerais

Novidade: «Historia das historias de Galicia», de Isidro Dubert (edit.), de autoría colectiva. Os cambios sociais, culturais ou ideolóxicos ao contar a historia

Historias das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert, é unha novidade da colección Crónica na que participan Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo Romero, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.

No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.

 

Comentarios pechados