Menu Xerais

Homenaxe a Lois Pereiro no Incio

O 30 de abril, sábado, celebrarase un acto homenaxe ao recordo de Lois Pereiro no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veráns de neno e agora se repetirá con acompañamento musical e facendo algunha parada para ler textos da súa autoría, elixidos polos propios participantes. En Santa Cristiña, habera xantar e bebida no campo da festa, compartida cos veciños do lugar e convidados pola Asociación Cultural Ouriceira. O xantar tamén estará acompañado por música.
Prégase que as persoas que queiran participar dean conta no correo sihomesi@hotmail.com a fin de calcular as necesidades do xantar.

Programa

  • 11,30 Toldaos-Reádigos (en google maps aparece como Barrio, con estas coordenadas: +42° 40′ 40.55″, -7° 21′ 2.51″, na estrada da Cruz do Incio a Samos LU-641. Deixánse alí os coches, que logo se recuperarán). Primeira lectura, onda a casa dos avós paternos.
  • 12,00 Saída a pe cara Santa Cristina, cun par de paradas nos soutos (uns 4 km)
  • 12,45 Chegada a Santa Cristina. Lectura no cemiterio.
  • 13,00 Campo da festa. Encontro coas persoas que acudiron directamente a Santa Cristiña . Presentación do libro-disco de Alexandro González, editado por Zouma. (nos tempos mortos, transporte para recuperar os coches en Reádigos). Xantar, beber e gaiteiros
  • Actuación de Manu Clavi

Comentarios pechados