Menu Xerais

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela. No acto participará o escritor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o investigador Luís Cochón, algúns compañeiros de xeración como Daniel Pino, Narciso de Gabriel, aí como os seus propios fillos, que lerán algún textos, e Branca Novoneyra.

No blog Fírgoa poden verse os principais enlaces sobre o seu pasamento.

Herminio Barreiro foi membro do grupo Brais Pinto, así como profesor da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago. Recentemente publicou en Xerais as súas memorias Recordar doe, a fermosa crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arrinca da inmediata posguerra.

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo seu falecemento.

Comentarios pechados