Menu Xerais

Homenaxe implícita á loita das mulleres pola emancipación: «As horas roubadas», de María Solar. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.

 

Sentimentos nunha época de mudanzas

María Solar estréase na narrativa para adultos cunha proposta que reconstrúe os últimos anos 70 cunha homenaxe implícita á loita das mulleres pola emancipación

Estréase María Solar como narradora para un público adulto e faino erixindo unha proposta minuciosa e brillante na reconstrución das atmosferas, ofegantes e esperanzadas a un tempo, daqueles anos finais da década dos setenta: páxinas transparentes e evocadoras tanto na descrición dos obxectos e espazos tanxibles como naquilo que se ancora no territorio dos sentimentos. Transita polo libro unha implícita homenaxe á loita das mulleres por ocupar o seu propio espazo e por acadar a súa independencia a cabalo de tres xeracións nas que a forza motriz da súas vidas é o amor, por veces o desamor, que verbaliza e substancia o ímpeto do cambio vixente daquela época.

Ramón Nicolás

Deixa un comentario!