Menu Xerais

Homenaxe Nacional a Bernardino Braña

O próximo sábado 1 de setembro terá lugar unha Homenaxe Nacional a Bernardino Graña organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, xunto co colectivo ArTeu, e coa colaboración da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña. O acto, que se celebrará baixo o título de «Medre o mar», terá lugar na cidade da Coruña a partir das once da mañá, cando haberá unha actividade de creación plástica a partir da obra do escritor escritor de Cangas. Tamén haberá un recital poético para acompañar ao autor de Profecía do mar e Fins do mundo, nacido en 1932 no Morrazo.

Outra das singularidades da homenaxe será unha travesía polo mar da coruña, que terá lugar ás 16:45, da man dos escritores Anxo Angueira e Xabier P. Docampo .Seguidamente, terá lugar unha marcha gaiteira na honra do escritor. Para finalizar, desenvolverase un acto poético-musical de entrada libre no Paraninfo da Universidade da Coruña ás 18:30 horas.

En 2005 Xerais publicou un libro de conversas co autor homenaxeado.

O programa completo pode descargarse aquí.

Comentarios pechados