Menu Xerais

«Hordas de escritura», de Chus Pato, Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década

O libro Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais en 2008, recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década. O xurado, formado por Antonio Reigosa (presidente), Fransicso Javier Bouso (secretario) e, como vocais, Francisco Fernández Rei, Dolores Vilavedra, Mercedes Queixas, Bieito Iglesias, Henrique Alvarellos, Xosé Antón Pedreira e Armando Requeixo, outorgou este domingo 15 o premio por maioría sobre un total de 13 finalistas.

O xurado destacou «a importancia dunha obra con vocación experimental, con vontade de superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xéneros literarios e que supón un paso adiante no proxecto de indagación das posibilidades da linguaxe poética que a autora desenvolve». A valoración do xurado destaca tamén que «Chus Pato intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual».

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados