Menu Xerais

José Luis Cuerda anuncia que levará ao cine «Todo é silencio», a novela de Manuel Rivas

«Co guión de Rivas teño a sensación de que, por primeira vez, teño entre as miñas mans unha película», asegura José Luis Cuerda


O director de cine José Luis Cuerda anunciou no Café de Redacción do Xornal de Galicia que levará ao cine a novela de Manuel Rivas Todo é silencio.

Para Cuerda, que xa levara ao cine A lingua das bolboretas, Todo é silencio ten persoanxes «que van dous dedos por riba dos padróns medios do ser humano».

Cuerda, que chegou ao guión da película a través de Gerardo Herrero, di que o que máis  lle interesa son «unhas personaxes que se moven nunhas circunstancias e fan o que fan por razóns múltiples e que, ao seu xeito, a historia permite lecturas múltiñples».

José Luís Cuerda, que, como informa Alberto Ramos, xa está inmerso no proceso de adaptación, declarou que «co guión de Rivas teño a sensación de que, por primeira vez, teño entre as miñas mans unha película. O guión que me puxo Rivas diante fala de personaxes en situacións concretas con diversos anzois. Dende o dos sentimentos ao da acción social até o anzol dunha determinada mítica socialmente potenciada. Nesta novela de Rivas vexo imaxes e personxes que evocan a Ao leste do Edén».

Pode lerse a entrevista completa con Cuerda en pdf ou nas páxinas do Xornal de Galicia.

Comentarios pechados