Menu Xerais

Just for men: videopoema de Antía Otero sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

«Just for men» é un videopoema realizado por Antía Otero sobre un texto do libro Masculino singular, de Carlos Negro.

 

Just for men from Antía Otero on Vimeo.

 

«Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.
Estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha vez sobre o mesmo. Isto foi o pensamento que nos acompañou a min e ao músico Roberto Casteleiro, quen nalgún dos seus traballos asina como Federico Flesfa:

Rober, estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha ver sobre o mesmo. Lanzáronnos tantas veces a idea da igualdade sen crear estratexias reais de fondo, que rematou sendo burbulla….pero o peor é que cando alguén nos enuncia as realidades, como o fai este libro, as nosas cabezas sistemáticamente pensan niso como nalgo que non é novo, que xa temos escoitado. Unha opción, cando menos, estrana pola nosa parte. Un filtro falso que fai que todo siga e non mude. Precisamos un contexto. Non pode haber ilustración. Só código.
TRAP
RAP?
Non, TRAP

E comezamos o mergullo. Pasamos semanas pensando na estética swagger, na mistura do look hiphop, reggaetón e electro. A diferenciar entre o TRAP Americano do que se fai no Estado Español. O culto ás marcas, aos videoxogos, aos emoticonos, aos gifs, ao Instagram, ao Youtube, as repeticións, os cambios de ritmo.
Reivindícanse como grupos que non cren nas discográficas, asociadas para eles ao mainstream do RAP e do HipHop, e empregan as redes para chegar ao seu público: “O TRAP é a música da rúa, o día que perdamos ese contacto xa podemos sacarnos disto”-din. Un discurso que asinaríamos en canto a contracultural se refire, se non fose porque as súas letras están cargadas do mesmo subtexto ao que estamos acostumadas que suceda século tras século: cosificación, misoxinia e machismo. A memoria do peixe aparece de novo».

Antía Otero

Deixa un comentario!