Menu Xerais

Lectura amena: «O gato fantasma«, de Xelís de Toro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.

 

Amena narración

Do posible e do probable

A fronteira entre realidade e ficción é,ás veces,tan fina que pasar dun lado a outro é moi doado, sobre todo, se quen camiña son rapaces aos que lles resulta complicado diferenciar entre o desexo, o posible e o probable.

Xelís de Toro plasma nunha novela para cativos esta idea. O protagonista, un neno chamado Rolo, suxestionado polos acontecementos do día, debuxa un gato que cobra vida e que só os demais poden ver. O comportamento do mico tórnase agresivo e entre a axencia de detectives a tutiplén e o propio creador do debuxo conseguen deter as desfeitas que os están a preocuparmoi seriamente.

Os contos nos que interveñen rapaces para resolver sitacións negativas deveñen sempre atractivas aos ollos daqueles aos que lles gusta implicarse na resolución de conflitos facendo das causas nobres o obxectivo fundamental dos seus movementos.

Se a isto lle engadimos unha certa atracción física e unha boa dose de imaxinación, o resultado final é un texto ameno que prenderá, sen dúbida, na atención dos lectores que se acheguen a el coa intención de pasar un anaco agradable.

Pola súa parte, as ilustracións que a viguesa Almudena Aparicio Andión realiza cobren as expectativas creadas sobre o grupo de amigos e achegan a frescura abonda como para que se entenda que a dicotomía realidade / ficción é, a miúdo, inexistente.

María Navarro

 

Comentarios pechados