Menu Xerais

Lecturas para o verán, por Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás recomenda no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha serie de lecturas para o verán 2017.

 

Os fillos do lume

Retorna un dos autores de máis éxito entre nós. Faino cunha novela coral que permite mergullarnos, con axilidade e humor, no pasado da cidade de Vigo coa intención de devolver, ou evocar, algúns dos rasgos da súa propia e singular idiosincrasia.

Costa do solpor

Sen dúbida é esta unha das novelas de aventuras e piratas, de corte canónico, máis suxestivas dos últimos tempos. Presentada agora nunha edición máis breve segue a ser unha certeira homenaxe ás grandes voces do xénero de todos os tempos.

O xogo de Babel

Tras os inequívocos éxitos colleitados pola autora nos eidos da literatura xuvenil e da novela de intriga, Gallego aborda aquí un xénero distinto na súa traxectoria ao acaroarse ás reviravoltas duns personaxes inseridos nun complexo triángulo amoroso.

 

Ramón Nicolás

Comentarios pechados