Menu Xerais

Ledicia Costas, na galería de mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Ledicia Costas o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Esta elección supón que se recensionen os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma.O Diario de Bergantiños da conta da información, que se pode ler en pdf nesta ligazón. A escritora Ledicia Costas gañou recentemente o Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

 

Comentarios pechados