Menu Xerais

Ledicia Costas: «O baleiro que hai en Internet é máis grande que a soidade». Entrevista sobre «O corazón de Xúpiter»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge LamasLedicia Costas a raíz da presentación, a pasada semana, da súa última novela, O corazón de Xúpiter.

 

 

«O baleiro que hai en Internet é máis grande que a soidade»

 

A viguesa presenta unha novela que trata do acoso escolar e en Internet, causa de tres suicidios nas últimas semanas

A viguesa Ledicia Costas (1979) repite con Edición Xerais trece anos despois da súa estrea literaria, coa novela O corazón de Xúpiter (Xerais). Unha estrela no rento, aque]a novela publicada en 1999 xa vai pola súa décima edición, todo un logro no eido da literatura en galego. As súas incursións na prosa se mesturan coa súa participación no colectivo poético Os Poetas da Hostia.

—¿De que vai a novela?

—Sobre o acoso escolar e os perigos procedentes das redes sociais e Internet na adolescencia.

 —¿Pero é unha novela ou un ensaio?

—Non, é unha novela

—Tráxica coincidencia cos varios suicidios de adolescentes ques e tefien producido por esa causa nos últimos meses.

—Xusto, escribín a novela pensando que calquera dia ía acontecer unha desgraza derivada destes dous temas, ben as redes sociais ou o acoso escolar. Empeceina en setembro e dúas semanas despois suicidouse unha adolescente canadiense vítima dos dous acosos. Nos dous últimos meses van xa tres suicidios por esta causa.

—Pola temática, ¿está escrita para un público concreto?

—Eu non escribo pensando nun público especial. É literatura e polo tanto é algo universal. Claro que isto pode ser un aviso para os adolescentes, claro que si, para que estean atentos ao mundo que os rodea. Pero é unha novela que pode ler calquera.

—Neste ocasión deixa a poesía pola prosa.

—Eu empecei escribindo novelas. Teño outra publicada en Xerais, que se titula Unha estrela no vento (1999), e que tiña escrito aos 15 anos. De algún xeito teño que ver porque coinciden elementos do univeso, comoa estrela e Xúpiter (ri). Non, eu escribo poesia e prosa.

—¿Como é a protagonista?

Chámase Isla e é unha adolescente que está un poueo illada no seu mundo. E unha rapaza afeccionada á astronomia, de aí ven o título. Xoga a illarse nas estrelas e, ás veces, o baleiro que se atopa en Internet é máis grande que o da propia soidade.

—¿Que estaremos facendo mal parar que os nenos se illen en  Internet e cheguean suicidarse?

—Máis aló da crise económica, eu estou convencida de que existe unha profunda crise social, unha crise de valores que fai que os adolescemes acaben refuxiándose en lugares como Internet, onde o abismo é máis profundo que a propia soldade. Hai anos, o acoso escolar ou bullying nin sequera tiña nome, dician “son trasnadas”. Que uns nenos pelexen na rúa tirándose pedras non é unha trasnada, é outra cousa. Agora ten un nome, pero claro hai que estar atento ao que está a pasar. Tres suicidios en dous meses, derivados do mesmo problema, é para estar preocupados.

—A nena que morrreu antonte laiábase dicindo que era moi dificil ser feliz. É tremendo.

—Si, pero non só é un problema dos nenos, os pais teñen moito que dicir en estes asuntos.

—¿Estas a traballando noutro libro?

—Si, estou preparandou unha novela infantil.

Comentarios pechados