Menu Xerais

Libros de Xerais na Lista de Honra 2019 da OEPLI

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica unha información sobre os libros galegos incluidos na Lista de Honra 2019 da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantl e Xuvenil).

 

 

Libros de Xerais na Lista de Honra 2019 da OEPLI

OEPLI (Organización Española para o Libro Infantl e Xuvenil) xunto coas súas seccións territoriais: Consejo General de libro (castelán), ClijCat (catalán), Galtzagorri (euskera) e Gálix (galego), e en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte, elaboran todos os anos un catálogo de literatura infantil e xuvenil que contén unha  selección bibliográfica de 200 títulos infantís e xuvenís publicados nese período, obedecendo a criterios de calidade e idoneidade para os tramos de idade en que a miúdo se clasifican as coleccións e que os fai merecedores de formar parte desa lista de honra por consideralos significativos dentro da gran produción existente. Os libros de Xerais nesta Lista de Honra 2019 da OEPLI son os seguintes:

 

Lúa en ningures . Beatriz Maceda Abeleira. Xerais
Pioneiras 2.Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Xerais
Somos os monstros. Paula Carballeira. Xerais

Conta nove estrelas .Andrea Maceiras. Xerais
Xelís, o guieiro das botellas do mar. Rosa Aneiros. Xerais

Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais
O grupo. An Alfaya. Xerais
Os corpos invisibles. Emma Pedreira. Xerais
Penumbra. Daniel Landesa. Xerais

Comentarios pechados