Menu Xerais

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o sábado 19 de maio na Gala do Libro Galego 2018, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

As obras de Xerais que resultaron finalistas son:

 

Ensaio e Investigación
Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.

 

Divulgación
Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto.
Terra, de Xurxo MariñoCiencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. 
O universo matemático, de Antom Labranha, Das ideas e das técnicas.

 

Narrativa
A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.

 

Literatura Infantil 
A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio Andión.
– A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.

 

Literatura Xuvenil
22 segundos, de Eva Mejuto.
Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas.
Corredora, de María Reimóndez

 

Iniciativa bibliográfica
Colección Xerais Básicos Ciencia

 

Tradución
A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, traducido por  Isaac Xubín.

Poesía
 Culpable, de Eli Ríos.

 

Teatro
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo.

 

 

 

Comentarios pechados