Menu Xerais

Literatura Galega 2009, panorámica de Luciano Rodríguez en «Ínsula»

Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Tempo de centeo de Xosé Fernández Ferreiro, Sol de Inverno de Rosa Aneiros e Sete palabras de Suso de Toro. No eido da poesía,  cita Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer e a edición da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas. Por último, no da memoria biográfica e crónica literaria a Episodios galegos de Manuel Rivas.

O texto do artigo en pdf pode baixarse en estes tres arquivos: 1, 2 e 3.

Comentarios pechados