Menu Xerais

Longa persistencia dos libros máis vendidos: «Europa Express», «Escarlatina, a cociñeira defunta» e «O papiro do César»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Por terceiro mes consecutivo, repiten os libros que encabezan os apartados de Xuvenil e Infantil: Europa Express, de Andrea Maceiras, é o libro máis vendido en literatura xuvenil; e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en literatura infantil; O papiro do César, o novo álbum de Astérix, é o libro máis vendido no apartado de Banda Deseñada.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

 

 

Comentarios pechados