Menu Xerais

«Luz de Tebra», presentación o xoves en Tui

O próximo xoves 7, presentarase en Tui a novela Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, na Sala do Antiguo Convento de San Domingos (rúa Antero Rubín, 44). Luz de Tebra é un dos libros mellor acollidos polo público nos últimos meses. Durante o acto estará presente o propio autor, acompañado por Manuel Vázquez de la Cruz e o editor Fran Alonso.

Actualización 6/10/10: Faro de Vigo e La Voz de Galicia publican hoxe a nova da presentación en Tui, que está a crear numerosas expectativas, e recóllense declaracións do autor ao respecto: «nesa presentación teño demasiadas cousas que dicir e teño que destilar moito. Ese día representa para min un soño que se ha cumprir».

Comentarios pechados