Menu Xerais

Manuel Rivas entrevistado en «Galicia hoxe»

Lupe Gómez entrevista en Galicia hoxe a Manuel Rivas con motivo do seu ingreso mañá na Academia Galega e a recente publicación do libro Episodios galegos. Entre outras cuestións de grande interese, Rivas adianta o que será o contido do seu discurso de ingreso: «Con ese título de A boca da literatura, vou falar de “memoria, ecoloxía e lingua”. Fago un percorrido histórico, e tamén íntimo, por eses carreiros que se entrelazan. A interacción da memoria dos corpos, da terra, das palabras, ese andar entre as pulsións do desexo e da morte. Vou dicir o que quero dicir, a corpo aberto. E dicilo pola boca da literatura, que é a boca da liberdade.»

Comentarios pechados