Menu Xerais

María Reimóndez: «A pobreza é un sistema político»

O suplemento «Lecer» de Galicia hoxe publicaba onte unha longa entrevista coa escritora María Reimóndez con motivo da celebración da quinta edición do festival organizado por Implicadas/os polo desenvolvemento, a ONG da que é fundadora e presidenta. Baixo o título, «A pobreza é un sistema político», na conversa abórdanse cuestións relacionadas coas actividades de cooperación de Implicadas no desenvolvemento, incluíndo, ademais, un despece cun autorretrato da autora de Pirata e O Club da calceta:

Non son relixiosa en absoluto. Declárome admiradora da serie de televisión Perdidos (Lost), fascíname literariamente e ten unha estrutura narrativa alucinante, é algo que comentei con algúns escritores e escritoras e déronme a razón. Aprecio sobre todo a lavadora, porque cando estou na India e en Etiopía teño que lavar a man a roupa, como moitos outros millóns de mulleres, e sei o tempo e o traballo que iso dá. Para comer elixiría o chickentika, o botelo ou o kwanta firfir. Como libro, quedo con Despois da media noite, a novela que estiven a traducir no 2009 para Xerais. A película Fire de Deepa Mehta, marcoume moito. A India é un lugar moi frutífero, pero non polas cuestións exóticas, senón pola súa diversidade; dela poderiamos aprender a valorar a riqueza das diferenzas como única maneira de que proliferen as ideas.

Comentarios pechados