Menu Xerais

María Reimóndez, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas, premiadas na Noite da Edición

O pasado venres celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a Noite da Edición 2015 durante a que se entregaron os premios aos mellores libros do pasado ano, outorgados polos membros da Asociación Galega de Editores. As obras premiadas poden consultarse nas publicacións de diversos medios de comunicación ou nesta ligazónda Asociación Galega de Editores.

Os libros finalistas, entre os cales o xurado selecciona os títulos premiados, foron elixidos polos editores mediante votación, realizada entre a proposta de candidaturas realizada por cada unha das editoriais.O xurado estivo composto por Pilar Fernández Ruíz, bibliotecaria e directora da Biblioteca de Pontevedra; Cano Paz, libreiro da Librería Paz de Pontevedra; Alfonso G. Sanmartín, editor e ex presidente da AGE; Ramón Rozas, xornalista do Diario de Pontevedra; e Kiko da Silva, ilustrador e editor da banda deseñada.

En canto aos autores e autoras de Xerais, cabe destacar que o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano recaeu en María Reimóndez, gañadora no 2104 do Premio Xerais de Novela con Dende o conflito. O Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción foille concedido ao escritor Agustín Fernández Paz pola súa novela A viaxe de Gagarin. E o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano foi para Ledicia Costas, por Escarlatina, a cociñeira defunta.

En Brétemas, o blog de Manuel Bragado, pode ampliarse información sobre os premios e o desenvolvemento da Noite da Edición.

 

Comentarios pechados