Menu Xerais

María Reimóndez, Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz, finalistas de Xerais nos Premios Mondoñedo 10 (modalidade Narrativa)

O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora  María Reimóndez con O club da calcetaManuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.

A Asociación As San Lucas, en colaboración co colectivo «Mondoñedo É», así como o propio concello de Mondoñedo crearon os premios denominados Mondoñedo 10 co obxectivo de «establecer vínculos permanentes entre a cidade e o concello que lles dánome coas mellores obras de creación cultural producidas en Galicia e en galego na actualidade». Os galardón entregaranse anualmente co fin de contribuír a salvagardar para a memoria do presente e do futuro da lingua e da cultura galegas «aquelas obras que a xuízo do xurado merezan este recoñecemento».

Establécense dez modalidades que se sucederán ano a ano ata completar un ciclo, convocándose sucesivamente consonte ao seguinte calendario:

2016:  Mellor obra de Narrativa en galego, publicada entre os anos 2006 e 2015.

2017:  Mellor obra de Poesía en galego, publicada entre os anos 2007 e 2016

2018:  Mellor obra de Teatro en galego, estreada ou publicada entre os anos 2008 e 2017.

2019:  Mellor obra de Ensaio ou Historia en galego, publicada entre os anos 2009 e 2018

2020:  Mellor obra de Música de autor/a galego/a estreada ou publicada entre os ano.

2021: Mellor obra de Plastica e Artes Visuais de autor/a galego/a, executada ou publicada entre os anos 2011 e 2020.

2023: Mellor obra de Tradución doutra lingua ao galego, publicada entre os anos 2013 e 2022.

2024: Mellor obra de Xornalismo Cultural en galego, publicada ou desenvolvida en calquera medio entre os anos 2014 e 2023.

2025: Mellor Persoa, Proxecto, Colectivo ou Institucón do eido cultural galego entre os anos 2015 e 2024.

A partir da convocatoria correspondente a 2025 comezará de novo a rolda establecida, agás que a organización deste premio, previa consulta coas entidades colaboradoras, decidise algunha modificación.

 

Comentarios pechados