Menu Xerais

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

A escritora María Reimóndez está este mes de febreiro na Galería de Mulleres do Concello de Muxía, unha inciativa coa que se pretende dar a coñecer cada mes o labor dunha muller no eido das artes, as letras, a ciencia, etc. A Galería Mulleres serve como instrumento de difusión da Biblioteca da Muller, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía desde 2008, que pon á disposición do/a usuario/a unha serie de libros da autora ou sobre ela.
Reproducimos a información da web do Concello de Muxía sobre María Reimóndez:

 

LUGO 1975
Tradutora e intérprete de profesión, ten unha longa carreira como tradutora literaria. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución. Como escritora ten numerosos premios , así no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo, no ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil , en 2006, foi galardoada co Premio San Clemente e co Premio Frei Martín Sarmiento no 2010 .Ten feito un importante traballo de investigación e divulgación sobre o feminismo.
Especialmente relevante é o seu traballo no campo da cooperación ao desenvolvemento . Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e en 1998 fundou Implicadas no Desenvolvemento, ,organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. Reimóndez é a súa presidenta e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos .
O seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias polo mundo.
María é unha muller fondamente comprometida e definitivamente activa en tódolos terreos e especialmente nos feminismos e a defensa da lingua galega en particular e da diversidade lingüística en xeral.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar as obras :
REIMÓNDEZ, MARÍA. O clube da calceta. Xerais
REIMÓNDEZ, MARÍA, Moda galega Ed. Positivas

Deixa un comentario!