Menu Xerais

María Reimóndez visita este sábado o Comando Le de Espazo Lectura para falar da súa novela «Corredora»

A escritora María Reimóndez estará este sábado 27 de xaneiro na Casa da Lectura, en Gondomar, no transcuros da Sesión do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno, para falar da súa novela CorredoraA escritora reunirase cos membros do club de lectura e compartirá as súas palabras.

 

 

María Reimóndez visita o Comando Le

Este próximo sábado 27 de xaneiro a Casa da Lectura vai acoller a primeira sesión do ano do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas demáis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor do traballo das organizacións de cooperación internacional e contará coa presenza da escitora María Reimóndez, quen lles falará aos comandoleiros e comandoleiras da súa experiencia neste ámbito, moi especialmente desde o proxecto de Implicadas no Desenvolvemento, a ONG galega da que ela foi fundadora no ano 1998 e presidenta ata o 2013. Ademais, aproveitaremos tamén para conversar sobre a súa novela Corredora, obra que os mozos e mozas do Comando Le leron no pasado mes de novembro. Como é habitual, a sesión desenvolverase entre as 20:00h e as 00:00h e faremos unha pausa para cear.

Deixámosvos a continuación a ligazón para ver as imaxes da última sesión do Comando Le no 2017, cando contamos coa presenza de Eva Mejuto e de Marcos Ceive para falar de transexualidade a partir da novela 22 segundos:

Comentarios pechados