Menu Xerais

Marilar Aleixandre: «A escritora na súa Terra», 5 de xuño en Compostela

O sábado 5 de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”, recaendo este ano na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada en Santiago de Compostela.

Os actos da homenaxe comezarán ás 11:45 horas coa plantación dun abruñeiro e a descuberta dun monolito preto da rúa Barcelona. Continuarán ás 13:00 horas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi co acto de entrega da Letra E, no que intervirá Ana Romaní como mantedora literaria. Rematarán ás 14:30 horas cun xantar de confraternidade nas instalacións do Hotel Palacio del Carmen (rúa das Oblatas).

As persoas que desexen acompañar a Marilar no xantar de confraternidade deben reservar o seu cuberto até hoxe luns 31 chamando á secretaría da AELG (Tlf./Fax: 981 133 233).

Poden baixarse en pdf o programa e o cartel da homenaxe.

Comentarios pechados