Menu Xerais

Marilar Aleixandre, homenaxeada no Día Internacional da Tradución

Marilar Aleixandre foi homenaxeada o pasado día 30 de setembro polo seu labor como tradutora literaria. Esta homenaxe formou parte dos actos do Día Internacional da Tradución, organizados pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, a Asociación de Tradutores Galegos e Asociación Galega de Profesionales da Tradución e da Interpretación, coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo. Marilar Aleixandre realizou para o catálogo de Xerais algunhas das máis logradas traducións literarias á lingua galega como foron A caza do carbairán de Lewis Carroll para a colección Xabarín e Muller ceiba de Sandra Cisneros para a colección Ablativo Absoluto de poesía. Os nosos parabéns a Marilar Aleixandre por este importante recoñecemento a súa traxectoria como tradutora.

Foto: O.Lojo. Xornal de Galicia.

Comentarios pechados