Menu Xerais

Memoria persoal en ficción de voo alto: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre As voces baixas, de Manuel Rivas, baixo o título de «A voz baixa de Manuel Rivas».

Para Vicente Araguas, este libro «aborda unha fe de vida ou memoria que é moito máis que iso, ou –se se prefire– unha novela que non se queda desta banda». Na crítica afírmase que Rivas probas en As voces baixas novos rexistros e fai da memoria persoal voo altivo que se confiugar a través de personaxes que sendo verdadeiras (ou non) ben poideran ser de ficción (ou tal vez).

Araguas asegura que Rivas non é «ese autor liñalmente previsible que explica polo miúdo o seu devir biográfico. Faino, si, mais botando man dasnubes que abeiran todoa unha caterva de seres que se desenvolven no chan cando chove».

 

 

Comentarios pechados