Menu Xerais

Miguel Sande recomendou «Dark Butterfly» e «As voces baixas» como lecturas para o verán

Miguel Sande recomendou no Culturas de La Voz de Galicia as novelas Dark Butterfly, de Rexina Vega, e As voces baixas, de Manuel Rivas, como lecturas para o verán.

 

Rivas ou Rexina Vega

Aquí, confeso, tamén tiven dúbidas. Recomendaria de boa gafia unha novela da que tratei de aprender, anovadora, magnitica, novela do futuro se o futuro fose da novela, que o dubido. Dark Butterfly, de Rexina Vega: excelente na andamiaxe, arriscada; abre camiños: é narrativa, soterra poesia, garda conceptos teatrais. Todo con talento e exquisitez, con intelixencia. Estráñame que pasara inadvertida nos premios da AELG, non o entendo; non comprendo. E non coñezo, que conste, a Rexina Vega.

Que importa todo iso. Dark Butterfly. Pero finalmente case que opto –deixándome levar non sei exactamente por que, pola calidade extraordinaria tamén, porque estamos a falar do verán, non sei– por reco mendarlles As voces baixas, de Manuel Rivas, un libro que xa moitos coñecerán e mesmo lerían de memorias de infancia e xuventude que gañou altura de novela, da máis grande literatura, polo talento de Rivas. A súa mirada agudisima para ver, ollar, mesmo tantos anos atrás déixanola traducida –regurxitada para nós– en sorrisos e gargalladas pero sempre mantendo o maior nivel, a autoesixencia, o que o fai máis grande. É Manolo Rivas. Para gozar da lectura á sombra dun pinar ou dun deses coloridos paraugas de praia.

Miguel Sande

Comentarios pechados