Menu Xerais

«Monte Louro», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de libros» de Vieiros a súa crítica de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Balnco Amor 2009. Para Alonso «o protagonista desta novela nun determinado momento da súa vida esquece quen é. Debe recuperar a súa identidade. Por outra banda, ao longo da súa vida tivo tres identidades ou nomes diferentes (a súa propia, unha ficticia para escapar do servizo militar obrigatorio e aínda outra máis para non ser acusado dun crime que non cometeu). Ao mesmo tempo que el debe recuperar a memoria, tamén a súa esposa e mais a filla que tivo antes do seu casamento con outra muller tentan reconstruír quen é realmente o marido e o pai. O novelista acertou de cheo con esta estrutura.»

Comentarios pechados