Menu Xerais

«Monte Louro», segunda edición e presentación en Muros

O vindeiro venres, 27 d enovembro, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Muros (Estrada Miraflores s/nº) terá lugar a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor no acto, Laura Eiras (concelleira de Cultura do concello de Muros), Concha Martínez Mayo e Manuel Bragado.

Esta presentación coincide coa chegada da segunda edición de Monte Louro ás librarías, unha das novelas mellor acollidas polo público neste ano.

Comentarios pechados