Menu Xerais

«Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de novembro

Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.

A Tabela dos Libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados