Menu Xerais

Nomeado o xurado do Premio Blanco Amor de Novela

O Concello de Fene fixo público o nomeamento dos membros do xurado da XXX edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa, atendento a base número 7 da convocatoria que establece que «estará composto por cinco membros que serán: editores/as, libreiros/as, escritores/as ou críticos/as literarios/as da literatura galega».

O xurado estará presidido por Rocío Aurora Bértoa Puente, Concelleira de Cultura; actuará como secretario Daniel A. Romero Rodríguez, coordinador técnico do Premio; e formarán parte do mesmo, en calidade de vogais Xosé María Dobarro Paz, Marga Romero, Miro Villar e Manuel Lourenzo González.

O premio está dotado con 12.020 euros e o prazo de presentación de orixinais remata o vindeiro 28 de setembro.

As bases poden consultarse aquí.

 

Deixa un comentario!