Menu Xerais

María Xosé Queizán volve con «Son noxento», un novela terrible e hilarante

María Xosé Queizán volve con Son noxento, un novela terrible e ao tempo hilarante. Son noxento está presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario. Conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Está protagonizada por Suso, un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.

En palabras de María Xosé Queizán, Son noxento aborda «temas tabús do ámbito privado que sempre se ocultan», tal e como manifestou nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega. A novela é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín. Calificada como unha novela «impresionante e necesaria» polo crítico Manuel Rodríguez Alonso, Son noxento supón unha dura crítica social que se aborda desde a sátira.

A novela encabezou o ranquing dos libros máis recomendados na Tabela dos Libros do pasado mes de marzo.

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados