Menu Xerais

Marta Dacosta, o social e o íntimo nun poemario de madurez

Con dun lago escuro a poeta Marta Dacosta fíxose co Premio Johán Carballeira 2013 para reafirmar unha xa longa traxectoria literaria. O libro é unha gran metáfora sobre a responsabilidade que a cidadanía debe asumir ante o tempo que lle tocou vivir. Xa o propio xurado sinalara no seu día as «evidentes tinturas de crítica social». Tamén a crítica literaria salientou ese aspecto do poemario: «aos textos máis intimistas e reflexivos lles dan natural réplica esoutros nos que a denuncia social se fai máis evidente, aínda que se revista de galas de sutil abstracción», sinalaba Armando Requeixo. Así e todo, estamos ante un poemario «pragado de acenos e  imaxes íntimas, gobernado por unha voz  que se rebela contra o aparente e falso poder da razón», en palabras do crítico Ramón Nicolás. En calquera caso estamos, como sinala Manuel Rodríguez Alonso, ante un «poemario de madurez», que salienta que este libro de poemas «é do melloriño que levamos lido de poesía durante o presente curso literario».

 

 

Ler ou seguir toda a información actualizada sobre o poemario dun lago escuro, de Marta Dacosta.

 

Comentarios pechados