Menu Xerais

Novidade: 35 edición de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, edición especial dos 100.000 exemplares vendidos

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade nesta 35 edición conmemorativa.

35ª Edición – Edición especial dos 100.000 exemplares vendidos

Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

 

Comentarios pechados