Menu Xerais

Novidade: «A ciencia do día a día». Un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira


A ciencia do día a día
, de Larousse Editorial, con ilustracións de Bruno Martínez Tabares, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia-Infantil de Xerais.

Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo?

Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender… divertíndote.

Deixa un comentario!