Menu Xerais

Novidade: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Unha fábula sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.

Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar… Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como contan? Sen temor ao descoñecido, está disposta a descubrilo por ela mesma.

Unha fábula sobre a ansia de coñecemento e sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten.

Comentarios pechados