Menu Xerais

Novidade: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Unha de tantas historias de mulleres e crianzas que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir

A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, é unha novidade da colección Pequena Memoria de Xerais.

«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen…»

A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa.

Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.

Comentarios pechados