Menu Xerais

Novidade: «Amor en alpargatas», de Manuel Portas. Unha historia de amor no medio das loitas fratricidas do nacionalismo galego

A novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas, é unha novidade de Narrativa.

Amor en alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa memoria colectiva recente. En pouco máis de vinte minutos, no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Ismael, un nacionalista anónimo, un de tantos bos e xenerosos que padeceron as consecuencias das loitas fratricidas que ciclicamente sacoden o nacionalismo galego. É nese contexto temporal, político e emocional no que se desenvolven as historias de amor que percorren a novela, por forza fragmentarias, obrigatoriamente parciais, mais que no seu conxunto permiten intuír unha foto fixa, se non real, si realista, dunhas vidas coas alforxas cargadas de verosimilitude.

Comentarios pechados