Menu Xerais

Novidade: « Ás oito da tarde, cando morren as nais», de AveLina Pérez. Un canto coral sustentado no absoluto baleiro

Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é unha novidade da colección Biblioteca Dramática Galega de Xerais. O libro gañou o XXIV Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, 2018.

Ás oito da tarde, cando morren as nais, peza teatral de AveLina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.

Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente.

Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos…

Comentarios pechados